Sikorsky S-92 | |
---|---|
Tipo | helicóptero de transporte/utilitario medio |
Fabricante | Sikorsky Aircraft |
Primeiro voo | 23 de decembro de 1998 |
Introducido | 2004 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | CHC Helicopter Petroleum Helicopters International Bristow Helicopters Cougar Helicopters |
Produción | 1998 - presente |
Unidades construídas | polo menos 300[1] |
Variantes | Sikorsky CH-148 Cyclone Sikorsky VH-92 |
O Sikorsky S-92 é un helicóptero bimotor medio estadounidense fabricado por Sikorsky Aircraft para os mercados civil e militar. O S-92 desenvolveuse a partir do helicóptero Sikorsky S-70 e ten pezas semellantes como os sistemas de control de voo e o rotor.
O H-92 Superhawk é unha versión militar do S-92 no rol de transporte utilitario, capaz de levar 22 soldados. O H-92 tamén podía configurarse para misións específicas, como busca e rescate e transporte executivo. O CH-148 Cyclone é unha variante de helicóptero embarcado desenvolvida para a Real Forza Aérea do Canadá para apoiar operacións navais da Mariña Real Canadense. O Sikorsky VH-92 é unha variante que está sendo desenvolvida para substituír a frota de transporte presidencial Marine One do Corpo de Marines.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search